Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación O Vieiro Leboreiro GDR16

 

O pasado sábado 21 de xaneiro, baixo a presidencia de José Antonio Armada Pérez , tivo lugar

no salón de actos do concello de Bande a asemblea ordinaria da Asociación O Vieiro Leboreiro.

Desenvolveuse a seguinte orde de traballos:

1.    Lectura e aprobación da acta da anterior asemblea.
2.    Estado de contas ano 2011
3.    Orzamentos ano 2012
4.    Informe actividades da Asociación ano 2011
5.    Informe proxectos LEADER 2007/2013.
6.    Rogos e preguntas

 

 

 

 

 

 

 

 

 
Documentos provisionais dos PLANS DE ZONA

 

O día 5 de xullo publicouse no DOG (Diario Oficial de Galicia) a RESOLUCIÓN da

Dirección Xeral de AGADER, pola que se fan públicos os documentos provisionais dos

PLANS DE ZONA elaborados pola Xunta de Galicia, abrindo un plazo de 23 dias  hábiles

(remataría do 2 de agosto 2011) para facer suxestións e contribución aos citados documentos.


Dende este GDR deuse trámite ás demandas e propostas que os axentes sociais da

comarca propuxeron.

De un exame pormenorizado, por parte da equipa técnica a Asoc. O Vieiro Leboreiro,

das propostas presentadas e do proxecto de AGADER, dedúcese que moitas poden

ser incluidas, pero outras quedarían fora.


Xúntanse os documentos “provisionais” elaborados por AGADER, e que tamén poden

ser consultados na páxina web.


- Anuncio da información pública e  dos prazos


- Plan de Zona: "Depresións Ourensanas e Terras do Sil" (inclúe os concellos de:

Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muiños) (versión preliminar)

Resumo das accións previstas


- Plan de Zona: "Miño Central" (inclúe aos concellos de Cartelle, Celanova,

Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás

e Verea) (versión preliminar)

Resumo previsións actuacións


 



 
Resolución campaña 2011

 

 

Dacordo co punto 6º das Bases Reguladoras da Convocatoria da Campaña

Promocional (colocación adhesivos promocionais) da Asociación O Vieiro

Leboreiro faise pública a relación de adxudicatarios.


Convócase aos adxudicatarios a unha reunión xoves 23 de xuño ás 20:30 nas

oficinas do GDR16 para entre outras cuestións levar a cabo a sinatura do

correspondente contrato.


En caso de non poder asistir a dita reunión o prazo para asinar o contrato

remata o venres día 24 de xuño ás14:00 horas, dia que comeza a campaña

de promoción.

 

 
CAMPAÑA PROMOCION GDR16

 

Campaña de Promoción Territorial do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) 16

“Asociación O Vieiro Leboreiro” ano 2011.


Co obxectivo de dar a coñecer o Programa Leader que xestiona este GDR, ponse en marcha

a Campaña de Promoción Territorial para o ano 2011.


Bases da convocatoria: a información da campaña pode ser consultada no arquivo anexo


1.- CAMPAÑA INFORMATIVA: adhesivos promocionais en vehículos comerciais da

comarca: profesionais, transportistas e empresarios afincados nun dos 14 concellos do GDR16,

e que dispoñan de vehículo industrial ou profesional. (ver resto das bases)


2.- REPORTAXE FOTOGRÁFICO (ver bases)


3.- MATERIAL PROMOCIONAL (ver bases)


Prazo de presentación: dende o mércores dia 1 de xuño, até o dia 15 de xuño.


Horario: de 10:00 a 14:00


Lugar: nas oficinas do GDR

 

Impresos: Os impresos de solicitude teñen que ser cubertos nas oficinas do GDR sitas en Celanova,

para darlle rexistro de entrada.


Adxudicacións: escrupulosa orde de presentación de solicitudes que serán publicadas o 20 de xuño

nesta páxina. Os beneficiarios serán chamados por teléfono.

 

 

 

 


 

 
« InicioAnterior12SeguinteFinal »

Páxina 1 de 2

PROXECTO COOPERACIÓN

Consumir para conservar


A Asociación O Vieiro Leboreiro participa no proxecto de cooperación interterritorial de carácter nacional que ven de ser aprobado polo MARM, xunto con outros sete grupos de desenvolvemento rural do resto de España e que conta coa participación da Fundación Félix Rodríguez de la Fuente.
O obxectivo é o fomento do consumo responsable de alimentos cuia producción potencie e fomente a diversidade biolóxica de áreas naturais protexidas e de rede natura 2000.

Convenio de colaboración

Resumo proxecto

 

CALENDARIO EVENTOS

Febreiro
L M M X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4

AVISO

Os interesados na realización e venda de placas aos beneficiarios das axudas do Leader 2007-2013, poden poñerse en contacto connosco nas oficinas do GDR.

Máis información